O BNG esixe acabar coas "dificultades" para votar desde o exterior

Ana Miranda denuncia os "múltiples problemas que existiron" na xestión do voto nas pasadas eleccións xerais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A candidata nas eleccións europeas do BNG na coalición Agora Repúblicas, Ana Miranda, esixiu que as "dificultades" e "irregularidades" que se deron nas eleccións xerais para votar desde o exterior "non se repitan nas eleccións europeas", co obxectivo de "garantir o dereito a voto de toda a cidadanía".

26M.- Ana Miranda (BNG-Agora Repúblicas) Esixe Que As 'Dificultades' Para Votar Desde O Exterior 'Non Se Repitan'. BNG
26M.- Ana Miranda (BNG-Agora Repúblicas) Esixe Que As 'Dificultades' Para Votar Desde O Exterior 'Non Se Repitan'. BNG | Fonte: Europa Press

En representación da coalición na que concorre, xunto a ERC e EH-Bildu --entre outras forzas políticas--, denunciou ás portas do Congreso os "múltiples problemas que existiron" na xestión do voto nas pasadas eleccións xerais das persoas que residen no exterior.

En concreto, referiuse a Reino Unido, Cuba, Irlanda, Italia, Portugal, Estados Unidos, Filipinas e Kenia, e especialmente, referidos a a recepción da documentación e papeletas. "É imprescindible que estas irregularidades non se repitan nas eleccións europeas", remarcou nas súas declaracións, nas que estivo acompañada do senador de ERC Bernat Picornell e a senadora Mirella Cortès.

Ana Miranda subliñou que estas "irregularidades", denunciadas pola cidadanía, "van en contra" do Estatuto dos Cidadáns no Exterior, que fai un "chamamento á participación política".

A eurodeputada sinalou que xa trasladou os problemas tanto ao Ministerio de Asuntos Exteriores, como ao presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani.

En canto ás incidencias detectadas, manifestou que foron variadas, como a imposibilidade de rogar o voto ou a non recepción da carta do censo electoral.

Ademais, dixo que o caso máis común entre as "irregularidades" detectadas foi que as papeletas "nunca chegaron" ou "chegaron unha semana despois" das eleccións, a pesar de que todas as persoas rogaron o voto en tempo e forma. Estas foron as queixas remitidas sobre todo, explicou, desde Portugal, Estados Unidos e Alemaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta