En Galicia distribuiranse máis de 69 millóns de papeletas de voto nestas eleccións

Por E.P. | A CORUÑA | 09/05/2019 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

En Galicia distribuiranse para as eleccións do 26 de maio un total de 69,2 millóns de papeletas de voto, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na súa visita ás instalacións onde se almacena o material que se distribuirá nas mesas electorais da provincia da Coruña.

Javier Losada, na súa visita ás instalacións onde se almacena o material que se distribuirá nas mesas electorais da provincia da Coruña.
Javier Losada, na súa visita ás instalacións onde se almacena o material que se distribuirá nas mesas electorais da provincia da Coruña. | Fonte: Delegación do Goberno.

Nela, subliñou o esforzo loxístico da Administración do Estado en Galicia para que a xornada electoral do 26 de maio se celebre "con toda a tranquilidade e garantías que esixe esta convocatoria".

Acompañado polo secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente, visitou na Coruña a nave onde se almacena e xestiona o material electoral que recibirán os concellos para o seu uso nas dúas citas electorais do 26 de maio.

En concreto, desde esta localización prepárase material para os concellos da provincia da Coruña. O resto das provincias contan cos seus propios almacéns xestionados polas súas respectivas Subdelegacións do Goberno. Os responsables últimos de facer chegar o material aos locais electorais son os concellos.

"Só neste almacén divídense e preparan 31 millóns e medio de papeletas e confecciónanse 1.560 cartafoles", explicou sobre as que se fan chegar a membros das mesas electorais e representantes a Administración. En toda Galicia estas cifras soben a 69,2 millóns de papeletas e 4.000 cartafoles, segundo apuntou.

Javier Losada agradeceu tamén, na súa visita, o esforzo do persoal que está implicado na loxística do 26 de maio tanto nos días previos como na xornada electoral e días posteriores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

gastar gastamos pero a papeleta son traballos insoportables, salarios ridículos, precarias vitalicias... esas son as auténticas papeletas ! pero levamos cinco meses en campaña electoral permanente... e os resultados son cada vez máis semellantes aos de sempre! PSOE PSOE PSOE... Luces de Nadal e xente durmindo na rúa... https://flic.kr/p/ULcmVh