PARTICIPA | A quen votarás nas eleccións municipais en Santiago de Compostela?

GC pregunta aos cidadáns da capital galega se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais e a cal das sete candidaturas que se presentan darán o seu apoio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/05/2019 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A última enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) predí que o PSOE recuperará a Alcaldía de Santiago de Compostela ao vencer nas eleccións municipais do próximo 26 de maio. Os socialistas sumarían o 22,1% dos votos, polo 19,7% do PP e tan só o 9,4% de Compostela Aberta, que perdería a Alcaldía, liderada por Martiño Noriega. Con todo, a enquisa deixa máis dun 30% de indecisos.

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago.
Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago.

Xosé Sánchez Bugallo recuperaría así a Alcaldía de Santiago, que ostentou entre 1998 e 2011. Tamén é salientable a forte caída que prognostica para Compostela Aberta, que pasaría do 34,5% logrado nas eleccións de 2015 ao 9,4%. E o PP tamén sufriría outra hecatombe, ao quedar case 14 puntos por baixo do resultado de 2015.

O Bloque Nacionalista Galego mantería o cuarto lugar pero perdería forza, ao caer do 6,94% de 2015 a un 5,7% dos votos en 2019, mentres que Ciudadanos volvería a quedar fóra da corporación santiaguesa ao tamén descender en apoios ata situarse no 3 por cento do total.

Así mesmo, a enquisa do CIS reflicte que un 7,7% dos enquisados se decantan pola opción 'Outro partido' —os outros partidos que presentan candidatura son Compromiso por Galicia e o ultradereitista Vox—, mentres que o 20,7% afirma que non votará, o 4,3% declárase indeciso e o 7,0% opta por non contestar.

Galicia Confidencial quere coñecer a opinión dos seus usuarios con dereito a voto en Compostela, coa seguinte enquisa, na que preguntamos se repetirán o voto das pasadas eleccións xerais de abril e a cal das sete candidaturas que se presentan darán o seu apoio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta