A USC eliminará o requisito de ter o nivel B1 de idiomas para obter un título universitario

A medida aprobouse no Claustro da USC celebrado na mañá deste venres e está pendente de ser aprobada polo Consello de Goberno.

Por Brais Nogueira | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela deixará de esixir o nivel B1 de idiomas como requisito para ter un título, segundo fontes consultadas por Galicia Confidencial presentes no Claustro da USC celebrado esta mañá.

Estudantes en exames. XUNTA
Estudantes en exames. XUNTA

Tras unha sentencia previa na que o TSXG declaraba ilegal esta esixencia tras a denuncia dun estudante de Historia. E que o resto de universidades galegas non o teñan como obriga, aínda que si como recomendación, o equipo rectoral da USC viuse obrigado a retirar o requeremento.

Desta forma, o Claustro mandata ao consello de Goberno facelo aínda que de momento "non se sabe en que termos se fará". Tamén se obrigará a revisión de todos os plans de estudo que obrigaban a acreditalo. O B1 soamente seguirá a ser obrigatorio no caso onde os plans de estudo integren a posibilidade de acadalo, como en Filoloxía ou se se modifican os plans doutras carreiras. O que si se manterá serán os créditos que certifica a USC por acreditar unha lingua. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta