Rei Varela asegura que a do PP é "a única alternativa real" para Ferrol

Alerta sobre o que pode supor na cidade que continúe outros catro anos "o mesmo tripartito".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rei Varela, asegurou que a súa proposta para gobernar a cidade naval durante o próximos catro anos representa "un proxecto para os ferroláns", porque son "a única alternativa real para cambiar aos que agora están a gobernar". Así, apostou por que "o que gañe as eleccións non sexa un partido político, que sexa Ferrol".

Estas manifestacións realizouna o candidato popular durante un almorzo informativo que protagonizou este venres nun hotel de Ferrol, en compañía de varios dos integrantes da súa candidatura.

"Convocamos aos ferroláns a unirnos porque se non nos xuntamos e non gañamos nós, o mesmo tripartito que estivo gobernando a cidade no últimos catro anos --en alusión a Ferrol en Común, PSOE e BNG--, vai seguir facéndoo outros catro, prorrogándose así a parálise deste mandato", trasladou Rei Varela.

Así mesmo, incidiu en que "non habería nada peor para Ferrol que siga sucedendo o mesmo". "E estimamos que Ferrol non pode perder un só minuto", abundou.

CAMPAÑA

Rei Varela tamén detallou que durante os próximos 15 días manterá, xunto aos integrantes da súa candidatura, "máis de 17 encontros con veciños en diferentes barrios da cidade, sete encontros sectoriais" con empresarios e emprendedores, persoas da cultural, do turismo, mariscadores, comerciantes, e do ámbito dos deportes.

R
R | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta