PPdeG, PSdeG e Cs cancelan os seus actos electorais en Galicia pola morte de Rubalcaba

Non terán lugar os mítines deste venres en Ourense, coa presenza de Rajoy e do sábado, en Lugo e As Pontes, co ex presidente Zapatero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O PPdeG, PSdeG e Cs cancelaron os actos electorais que tiñan programados este venres en Galicia tras coñecerse o falecemento do que foi exvicepresidente do Goberno e ex secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba.

Na tarde deste venres, o Partido Popular de Galicia informou de que cancela todos os actos que tiña programados para este venres, entre os que se incluía un mitin do seu presidente Alberto Núñez Feijóo, en Ames, e outro en Ourense coa presenza tanto de Feijóo como do expresidente do Goberno, Mariano Rajoy Tras coñecerse a noticia do falecemento de Rubalcaba, os socialistas galegos cancelaron todos os mitins que tiñan previsto realizar este venres, incluídos os que se prevía a participación do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Ademais, o PSdeG tamén suspendeu a axenda do sábado, xornada na que estaba programada a participación do expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero en senllos actos electorais en Lugo e As Pontes.

Así mesmo, nun comunicado remitido aos medios, a presidenta da deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, informou da suspensión da súa axenda oficial para trasladarse a Madrid para acompañar á familia e compañeiros de Rubalcaba.

Pola súa banda, Cs Galicia desprogramou tamén todas as súas convocatorias electorais deste venres e remitiu as súas condolencias á familia e amigos do exlíder do PSOE e exvicepresidente do Goberno.

Rubalcaba con Pachi Vázquez e Francisco Caamaño
Rubalcaba con Pachi Vázquez e Francisco Caamaño | Fonte: PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta