Cs comprometese a reducir os trámites burocráticos no Concello de Santiago

A formación laranxa di que defenderá as conexións ferroviarias de Galicia en Europa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A candidata de Cs á Alcaldía de Santiago, María Vilas, comprometeu a redución da burocracia cunha aposta pola simplificación en todos os trámites administrativos que dependan do Concello.

Vilas presentou este luns o segundo eixo do bloque programático 'Administración eficaz'. "Imos facilitarlle aos cidadáns todas as tramitacións que sexan competencia do Concello", asegura.

Entre as medidas a impulsar destaca o impulso a unha administración electrónica única e solvente, acceder á tramitación e información a través dun mesmo portal web, mentres se consegue o obxectivo de "papel cero".

"Imos adecuar a páxina web municipal para que sexa un instrumento de comunicación bidireccional entre os cidadáns e o Concello. Desenvolveremos unha aplicación móbil para facilitar o pago, seguimento e tramitación de todos os impostos e taxas municipais", sostén.

Ademais, a formación laranxa avoga polo portelo único, así como a creación da licenza única de obra, apertura ou instalación de actividade.

José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia
José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia

EUROPA

Por outra banda, o candidato de Cidadáns (Cs) ao Parlamento Europeo Javier Nart asegurou que a conexión ferroviaria é "fundamental" para Galicia e avanzou que, tras as eleccións do próximo 26 de maio, impulsarase a "unidade" das forzas europeístas.

Previamente á súa participación nun encontro con empresarios celebrado este luns en Vigo, Javier Nart apuntou que os principais "problemas" de Galicia son a "distancia" dos núcleos de poboación e a "conexión" entre os mesmos.

Neste sentido, sinalou a importancia de que se poña en marcha unha conexión ferroviaria de "alto nivel" entre a comunidade e o resto da península e do continente para que as empresas galegas teñan capacidade de acceder a distintos mercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta