O PPdeG pide a Sánchez que "devolva os 800 millóns de euros que o Goberno lle debe aos galegos"

Os populares reclaman unha Lei de Igualdade salarial e unha normativa de racionalización horaria para fomentar o emprego feminino.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O Grupo do Partido Popular no Parlamento galego reclamou ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que aproveite a súa visita a Galicia deste martes para "devolver os 800 millóns de euros" que o seu executivo "debe aos galegos" en relación a cuestións como a devolución do IVE ou o superávit da comunidade.

A viceportavoz parlamentaria do PPdeG no Pazo do Hórreo, Paula Prado, ofreceu este luns unha rolda de prensa na que lamentou que Sánchez visite Galicia este martes "como candidato socialista e non como presidente do Goberno".

"Estaría ben que o fixese e diga que lle vai a devolver o diñeiro que lle debe a Galicia, 800 millóns de euros que son dos galegos e que non ten xustificación para non devolvelos", incidiu Prado, que sinalou que o "cambio das regras de xogo" para a repartición de fondos estatais para políticas activas de emprego nas comunidades supón unha nova "ofensa" cara a Galicia.

Neste sentido, apuntou que "antes se priorizaba" a concesión destas axudas ás comunidades "que impulsaban medidas pioneiras", pero que a decisión do Goberno de cambialos "afecta especialmente a Galicia", polo que reclama ao PSOE que "abandone esta idea e retome os criterios" baseados "nos esforzos e os resultados conseguidos para reducir o desemprego".

Tras remarcar que a Comunidade galega ofrece "niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos", Prado avanzou que o grupo do que é viceportavoz presentará na Cámara unha proposición que pedirá a volta ao devandito sistema.

Prado aposta por 'esperar' ao resultado das eleccións 'para valorar' pactos con Vox nos concellos. PPDEG
Prado aposta por 'esperar' ao resultado das eleccións 'para valorar' pactos con Vox nos concellos. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta