Pedro Sánchez visita este martes A Coruña para apoiar á candidata socialista Inés Rey

Sánchez visitará A Coruña acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para participar nunha comida mitin xunto ao secretario provincial do PSOE, Valentín González Formoso, e a candidata municipal, Inés Rey.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, visitará este martes A Coruña para facer campaña municipal onde estará apoiando á candidata do PSOE á alcaldía, Inés Rey.

VÍDEO: 28A.- Sánchez pide castigar nas urnas a PP e Cidadáns por non facer fronte á ultradereita. PSOE
VÍDEO: 28A.- Sánchez pide castigar nas urnas a PP e Cidadáns por non facer fronte á ultradereita. PSOE | Fonte: Europa Press

Sánchez visitará A Coruña acompañado polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para participar nunha comida mitin xunto ao secretario provincial do PSOE, Valentín González Formoso, e a candidata municipal, Inés Rey.

Tras a súa visita á cidade herculina, o xefe de filas dos socialistas desprazarase a Vigo, urbe que xa visitou tamén na pasada campaña das eleccións xerais do 28 de abril.

Na cidade olívica participará noutro acto electoral no que tamén intervirán Gonzalo Caballero, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde e candidato á reelección, Abel Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta