Temas: VIVENDA

A compravenda de vivendas crece un 5,4% en marzo en Galicia, menos que a media, e acumula un ano en positivo

As leiras transmitidas soben un 1%, 20 puntos menos do avance en España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en marzo un total de 1.324 compravendas de vivendas, o que supón un 5,4% máis que no mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste xeito, o avance do 5,4% está por baixo da media española (+6,8%). En Galicia hai 60 compravendas por cada 100.000 habitantes, o que supón a cifra máis baixa de España.

A compravenda de vivendas crece un 5,4% en marzo en Galicia, menos que a media, e acumula un ano en positivo. EPDATA
A compravenda de vivendas crece un 5,4% en marzo en Galicia, menos que a media, e acumula un ano en positivo. EPDATA | Fonte: Europa Press

Así, a compravenda de vivendas acumula un ano consecutivo de subidas interanuais en Galicia, xa que o último dato negativo é de marzo de 2018. Das 1.324 operacións realizadas en marzo na Comunidade galega, 1.247 son de vivenda libre e 77 protexida. Foron 1.046 vivendas usadas e 278 novas. Houbo un total de 2.912 vivendas transmitidas en Galicia en marzo, 1.324 compravendas, así como 695 herdanzas, 37 doazóns e catro permutas. Mentres, 852 foron doutro tipo.

TRANSMISIÓN DE LEIRAS

Pola súa banda, transmitíronse 7.394 leiras, o que supón un 1,3% máis que en marzo dun ano antes. Está 20 puntos por baixo da media de avance en España. Do total de leiras transmitidas hai 5.474 urbanas e 1.920 rústicas. Das rústicas, 576 son transmitidas por compravenda, 905 por herdanza, 37 por permuta, 33 por doazóns e 369 doutro tipo. Nas leiras urbanas, hai 2.573 compravendas, 1.212 por herdanza, 66 por doazón, 15 por permuta e 1.608 doutro tipo.

Temas: VIVENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta