A Xunta busca 25 pemes para participar nun proxecto piloto de deseño de produtos innovadores

Deseñadores expertos asesorarán a pemes para definir servizos ou produtos innovadores.

Por GC Emprende | Compostela | 14/05/2019 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Innovación (Gain) busca 25 pemes galegas co obxectivo de participar nun proxecto piloto para o deseño de produtos e servizos innovadores. Esta acción enmárcase no programa de Deseño para Innovación 2020, nunha iniciativa do proxecto europeo User_Factor, do que a Axencia Galega de Innovación é socio.

Aberto ata o luns o prazo para que as pemes galegas soliciten axudas par. XUNTA
Aberto ata o luns o prazo para que as pemes galegas soliciten axudas par. XUNTA

De tal forma, este mércores, 15 de maio, celebrarase unha xornada en Ferrol (no CIS Tecnoloxía e Deseño) na que se explicará esta acción piloto e exporanse boas prácticas.

Deseñadores expertos asesorarán a pemes para definir servizos ou produtos innovadores. Así, haberá un diagnóstico da empresa, tres sesións formativas de catro horas para deseñar perfís e ferramentas de deseño, un plan de mellora de servizos e a valoración final do proceso.

Entre outros requisitos que deben ter as pemes é o de ter o domicilio social ou o centro de traballo en Galicia. Unha vez realizada a solicitude, unha comisión de selección realizará unha valoración con base en criterios como equipo implicado e viabilidade do proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta