Compromiso por Galicia replica a Nart (Cs) que os galegos non necesitan que "ninguén" lles ensine a votar

Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato ás europeas atribúe a Nart un "afán irrespectuoso de paternalismo" e lamenta que Ciudadanos "veñan como sempre a Galicia a dicir o que hai que facer".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato ás europeas, Piñeiro Docampo, respondeu a Javier Nart (Ciudadanos) que a eurodeputada do PNV Izaskun Bilbao presentou esta lexislatura máis de 85 iniciativas sobre a comunidade galega.

Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG

"Queremos aclararlle ao destacado membro de Ciudadanos que non necesitamos que ninguén nos veña ensinar a votar, que sabemos facelo moi ben xa desde a época da transición, como demostramos votando polo estatuto de autodeterminación de Galicia", destaca, a través dunha nota de prensa.

Así, atribúe a Nart un "afán irrespectuoso de paternalismo" e lamenta que Ciudadanos "veñan como sempre a Galicia a dicir o que hai que facer", como "tamén dixeron no seu momento que non falásemos" galego.

Por iso, conclúe que "quizais o que non entenden Ciudadanos é que existen as coalicións como método de traballo entre partidos democráticos, xa que eles son máis de facer pactos en despachos, como fan en Andalucía con Vox".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta