A Xunta promove o consumo de produtos ecolóxicos entre os mozos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, participou este martes no programa escolar 'Fai eco do lóxico' que promove o consumo de produtos ecolóxicos entre os máis novos e explica os seus beneficios tanto para a saúde como para o medio ambiente.

Acompañado polo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, e polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, visitou o Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xelmirez II de Santiago de Compostela, onde empezaba este programa.

Neste escenario, o conselleiro animou aos case 80 mozos participantes a confiar na produción ecolóxica. "Os mellores produtos do mundo son os de Galicia e, en concreto, os ecolóxicos, produtos 100% naturais sen ningún tipo de engadido químico".

Para o titular de Medio Rural a agricultura ecolóxica é o "futuro que vén do pasado" e proba diso, indicou, é que cada vez máis xente aposta por comprar este tipo de alimentos. De feito, sinalou que nos últimos anos a agricultura ecolóxica en Galicia rexistra un crecemento destacado, cun aumento do 33% no volume de vendas certificadas, que pasou de 59 millóns de euros en 2017 a 78,7 millóns o pasado ano.

A Xunta promove o consumo de produtos ecolóxicos entre os mozos. XUNTA
A Xunta promove o consumo de produtos ecolóxicos entre os mozos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta