Despregue da Garda Civil polos desprazamentos na ponte das Letras Galegas

Porá especial atención ás vías secundarias, onde se producen os sinistros con resultados máis graves

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A Garda Civil vixiará este fin se semana, con motivo do festivo das Letras Galegas, os desprazamentos, con especial atención por vías secundarias, que é onde estatisticamente se producen os sinistros con resultados máis graves.

Debido a que esta festividade é de ámbito rexional, "prevese a existencia de moito tráfico doméstico e de curto percorrido", destacou o Instituto Armado.Por iso, a Benemérita recomenda respectar os límites de velocidade establecidos nas estradas, así como non conducir se se inxeriron alcol ou drogas. "Para evitar condutas irregulares neste sentido, efectuaranse verificacións para detectalas, advirte.

Así mesmo, os axentes terán "especial atención" aos peóns, aos que aconsella a utilización de elementos reflectores ao circular por vías interurbanas e, sobre todo, a horas de pouca visibilidade.

Atasco na AP-9. EUROPA PRESS - Archivo
Atasco na AP-9. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta