O xulgado cita a declarar como investigado ao alcalde de Vilanova por chamar "chacha para todo" a Carmela Silva

Feijóo desaprobou as palabras do edil, aínda que non se pronunciou sobre se debe dimitir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra citou como investigado ao alcalde de Vilanova de Arousa, o popular Gonzalo Durán Hermida, por chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Nun auto con data do 7 de maio de 2019, a maxistrada acepta as alegacións presentadas por Gonzalo Durán contra unha resolución ditada por este xulgado o pasado día 13 de marzo pero acorda tamén citalo a declarar en calidade de investigado o próximo día 25 de xuño ás 10,10 horas. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, denunciou no pasado mes de outubro a este rexedor polas súas declaracións nas que a tachaba de "chacha para todo" do alcalde "ancián" de Vigo, Abel Caballero.

Pola súa banda, tras a polémica xurdida ao redor das súas palabras que mesmo foron censuradas desde as filas do Partido Popular, o rexedor asegurou que ratificaba as súas declaracións e que "nin de coña" ía dimitir polo ocorrido. Precisamente, sobre este asunto, o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que as palabras de Durán "non" eran "acertadas" aínda que non chegou a pronunciarse sobre se debería dimitir.

Rolda de prensa de Carmela Silva sobre emprego. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa de Carmela Silva sobre emprego. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

seguimos instalados no "politicamente correcto" mentras dende os medios o alcalde de Vigo pode dicir o que lle pete sen que ninguén interpoña denuncia algunha! Por certo que o funcionario que enchufou á cuñada de Carmela vai recorrer ao Supremo (como é gratis!) https://i.gal/VigoDenuncia Así calquera vive á sombra das Insitutucións...