Desactivados catro puntos de venda de droga na contorna de colexios galegos no primeiro trimestre do ano

Un total de catro puntos de venda de droga na contorna de colexios galegos foron desactivados no primeiro trimestre do ano, segundo informou a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/05/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un total de catro puntos de venda de droga na contorna de colexios galegos foron desactivados no primeiro trimestre do ano, segundo informou a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo.

Estes datos analizáronse na reunión sobre o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade dos Centros Educativos e as súas Contornas en Galicia, celebrada na Delegación do Goberno en Galicia.

Dos datos deste primeiro trimestre, a subdelegada do Goberno destacou a desactivación de catro puntos de venda de drogas na contorna de centros de ensino: un en Santiago de Compostela, outro en Ourense e dous en Lugo. En concreto, o número de vixilancias fronte ao tráfico de drogas aumentou en 1.159 ata as 4.893, con 630 centros controlados.

Por outra banda, a subdelegada do Goberno subliñou o aumento da conciencia social fronte á violencia machista nos centros escolares galegos. En concreto, as actividades vinculadas á violencia machista son as que experimentaron unha subida máis importante, cun 56,9 %, respecto ao mesmo período do ano anterior.

BALANCE DE ACTIVIDADES

En total, entre entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo, a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 1.527 actividades con 50.800 persoas beneficiarias. Son 330 actividades máis que no primeiro trimestre de 2018, con 50.800 persoas beneficiarias, das que 47.333 pertencen ao alumnado, 1.854 ao profesorado e 1.613 ás nais e pais.

As actividades máis demandas son as vinculadas coas novas tecnoloxías, con 622 (133 máis); acoso, con 351 (17 máis); drogas e alcol, con 192 (75 máis) e violencia de xénero, con 160 (58 máis). Ademais, ofertáronse 13 charlas sobre as bandas xuvenís.

Desactivados catro puntos de venda de droga na contorna de colexios no primeiro trimestre do ano. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Desactivados catro puntos de venda de droga na contorna de colexios no primeiro trimestre do ano. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta