O PP atribúe a suba do voto ao PSOE nas enquisas ao “efecto contaxio das xerais”

Destaca que, se os socialistas poden gobernar nalgunhas cidades, será sempre co apoio do BNG ou das mareas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/05/2019 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

Hai certo contaxio das eleccións xerais e, por iso, o PSOE ten bos resultados nas enquisas das municipais”, dixo o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sobre a perspectiva dun aumento dos socialistas nos comicios do 26 de maio. Foi na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta tras ser preguntado senón teme a fuga de votos xa non a Ciudadanos ou Vox, senón cara ao PSOE.

Feijóo nun acto electoral
Feijóo nun acto electoral | Fonte: PPdeG

De feito, algunhas enquisa apuntan que os socialistas crecerán, en parte, grazas a votantes do PP como pode acontecer en Vigo ou en Santiago. Sobre este tema, Feijóo matizou que agora hai "efecto contaxio" e quixo deixar claro que, a medida que a campaña avance, “cada partido recuperará o peso que lle corresponde”.

E, aínda que se confirme un ascenso do PSOE nestes comicios, Feijóo suliñou que este partido non poderá gobernar sen o apoio das mareas ou do BNG. “Tanto monta, monta tanto”, dixo ao referirse a un apoio entre estas formacións. “O primeiro candidato do PSOE non poderá ser investido senón conta co apoio das mareas ou do BNG, agás o que gañe por maioría absoluta”, matizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta