Comeza a privatización das antigas galescolas

Empresas privadas sacarán beneficios da xestión de 17 centros da "Galiña Azul" construídos ao 100% con cartos públicos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 18/01/2012 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A CIG denunciou este mércores que a Xunta  comezou o proceso de privatización das novas escolas de educación infantil “Galiña Azul”, as antigas "Galescolas" cando o bipartito. Educación publica no DOG a licitación do centro de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de 2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova apertura.

“A CIG-Ensino denuncia esta privatización dos servizos básicos á cidadanía, convertendo en lucro rexido polas leis do mercado o que debe ser un servizo á poboación”, explica o sindicato. O Concello de Pontevedra, que goberna o BNG, está en contra de que a xestión desta escola sexaprivada.

Concesións que superan o período de goberno

Ademais, como xa sucedera no seu día cos concertos educativos, a Xunta fai concesións a empresas que exceden o período lexislativo, vinculando as futuras decisións do goberno que saia das urnas antes de que finalice o mes de marzo de 2013, “cuestión que consideramos de extrema gravidade e que vulnera os máis elementais principios democráticos”.

 

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 anonimo

Xa sabiamos que isto sería así. Anunciárono ben alto Feijoo e os seus acólitos! Só espero que todos aqueles que o votaron (que sabemos que son moitos e nalgún lugar deben de andar...) non se queixen cando teñan que pagar cuotas superiores nas escolas infantís do país e que non se queixen cando merme a calidade educativa. E isto último é algo inevitable cando un técnico superior en educación ten que facer un traballo de grande responsabilidade, ao que hai que adicarlle infinitas horas e no que non se chega aos 800 euros. Que o desfrutedes!!

2 compostelá

Disfruten de lo votadoo!!

1 lalaalala

bien!!!! como me alegro de que el chiringuito del BNG y sus acólitos se cierre. a trabajar, panda de vagos

1 Galego

Estas nun xornal que publica en galego comentando unha noticia de escolas galegas. Polo menos ten respeto pola lingua e escribe no noso idioma.. si sabes, claro.

2 Nilo

JAJAJ que grande, alégrome de que cos meus impostos xente dunha empresa privada divida beneficios. Moi ben home, pois a seguir partíndote o lombo que agora ven o chalet con piscina en Cambrills

3 anonimo

¿que es eso de respetar una lengua? en todo caso habría que respetar a quine la habla. Eso de la lengua como totem se os está acabando ahora la gene abre los ojos y se da cuenta de que eso es algo que os venia muy bien para que nadie se atreviera a rechistar y pudierais seguir con vuestro negociete mucha cara es lo que hay, respeto manda narices,

4 Tiburcio

Non alimentedes os trolls, no fondo non son ren, só sintense algo cando son negados polos demais. Seguro que o pringado do comentario sofre mais as privatizacións que os outros. Se fora un beneficiado das privatizacións, non sairía a fachandearse dos seus crimes.

5 olegario

Home, xa se sabe que a empresa privada funciona moi ben e o mellor exemplo está no "costa Concordia". E homiño, para non ter ningún poder o BNG parece que é o culpable de todos os chiringuitos do país. Ainda non te enteraches que a Galicia que temos (o desastre de Galicia que temos) é a obra do PP, dos "galegos coma tí". Os galegos só saben afiliarse ao PP e por algo será: por conseguir cartiños e carguiños. Un deles debes ser tí.

6 aaaaaa

Deberíades de saber que moitos dos trolls españoleiros que pululan polo Galicia Confidencial son os propios promotores da páxina, para facer debates estériles para incautos