Feijóo volve apelar á dereita unida: "De votar xuntos, estariamos nunha España distinta, impresionante"

Alerta contra a "volta ao pasado" que supón votar ao PSOE, aínda que estea "de moda".

Por E.P. | Vigo | 16/05/2019 | Actualizada ás 21:52

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, apelou este xoves, unha vez máis, á unidade do voto do centro dereita ao redor do seu partido, para evitar repetir a "decepción" das eleccións xerais, e advertiu de que, de votar "xuntos", o PP gañaría e "estariamos nunha España distinta, impresionante".

Así o manifestou nun mitin celebrado no Porriño (Pontevedra), onde Núñez Feijóo apoiou a candidatura de Manuel Alejandro Lorenzo á Alcaldía desta localidade, e no que convidou a todos os que "abandonaron momentaneamente" ao PP para votar a VOX ou Cs a volver confiar nos 'populares' para que este partido "recupere o lugar que lle corresponde".

O líder do PPdeG fixo continuas alusións á "noite decepcionante" do 28 de abril, e incidiu en que os resultados puxeron de manifesto a "falacia" de que se podería evitar a presidencia de Pedro Sánchez apoiando a outros partidos diferentes ao PP.

"Se votásemos xuntos, teriamos a maioría absoluta, de gañar o PP estariamos nunha España de recuperación económica, creación de emprego, pagando os 'pufos' das pensións. Nunha España distinta, impresionante", proclamou, á vez que recalcou que "agora, a maioría de votantes de Cs e VOX prefeferirían un presidente do PP".

"VOLVER Ao PASADO"

Feijóo sinalou que "parece que está de moda o PSOE", pero advertiu de que un goberno socialista é "volver atrás, no canto de mirar para adiante". A ese respecto, lembrou a España "que deixou o PSOE", con millóns de parados, "en preconcurso", cunha débeda pública de case o cento por cento do PIB, etc. "Agora o futuro de España é volver ao pasado, a unha España empobrecida na que cada vez era máis difícil chegar a final de mes?", cuestionou.

26M.- Feijóo Volve A Apelar Á dereita Unida: 'De Votar Xuntos, Estariamos Nunha España Distinta, Impresionante'. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
26M.- Feijóo Volve A Apelar Á dereita Unida: 'De Votar Xuntos, Estariamos Nunha España Distinta, Impresionante'. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Núñez Feijóo pediu, no mitin do Porriño, o respaldo dos votantes para o candidato do PP á Alcaldía deste municipio, Manuel Alejandro Lorenzo, que encabeza un equipo "potente e preparado", porque "O Porriño non merece ser tratado como unha sucursal do alcalde de Vigo". "Imos votar a un partido que non pode facer nada sen autorización dun alcalde de fóra? Alguén que dependa do dedo infalible doutro dirixente?", preguntou, en alusión á alcaldesa socialista do Porriño e a Abel Caballero.

Na súa intervención, o presidente do PPdeG tamén tivo palabras para o exalcalde 'popular' do Porriño, quen dimitiu en 2017 sendo concelleiro da oposición pola apertura de xuízo oral, e que finalmente resultou "absolutamente exonerado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta