Temas: ASTURIANO

Víctor Vázquez Portomeñe defende o modelo lingüístico do galego para o asturiano

Vázquez Portomeñe foi conselleiro de Educación en gobernos do PP, de Relacións Institucionais e portavoz do goberno Fraga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O  exconselleiro de Educación e Cultura de la Xunta (1983-1986 e 1993-1996) e conselleiro de  Relacións  Institucionais e portavoz do Goberno de Manuel Fraga (1990-1993) Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, defenderá esta sábado en Oviedo o desenvolvemento da oficialidade en Galicia e como este modelo sería aplicable para Asturias.

Vázquez Portomeñe
Vázquez Portomeñe | Fonte: Xornal de Lemos

Será durante o II  Seminariu ' Oficialidá; o  camín  consitucional  pal  futuru do  asturianu', que inaugurará este venres ás 16,30 horas o reitor da Universidade de Oviedo, Santiago García Granda, e que organiza a asociación Iniciativa  pol  Asturianu.

Posteriomente, o ex presidente do Principado Antonio  Trevín (PSOE), a ex conselleira de Cultura Vitoria Rodríguez Escudero (PP), o ex conselleiro de Xustiza e Relacións Exteriores (EU-IX); e o ex concelleiro de Cultura de Oviedo (PP) José Suárez Arias Cachero participarán nunha mesa redonda titulada ' Oficialidá, unha cuestión pendente  na autonomía asturiana'.

O venres tamén se estreará un documental  titulado 'O  valir  económicu d'unha  llingua' para posteriormente celebrar un debate entre empresas que utilizan o asturiano na súa actividade. A xornada pecharaa o catedrático de Dereito Administrativo Leopoldo  Tolivar Alas, que se centrará na  Consitución e o marco e a oficialidade.

O sábado celebraranse tamén varias mesas a partir das 10.00 horas, onde se falará dos servizos de normalización municipais, un debate entre os principais sindicatos educativos --CCOO, UXT,  Suatea e CSI--, e o papel dos medios de comunicación.

A xornada finalizará cunha charla do relator do Estatuto galego e ex conselleiro de Educación e Cultura co PP Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, sobre o desenvolvemento da oficialidade en Galicia e como isto sería aplicable para Asturias. Portomeñe foi tamén senador entre 1996 e 2008, foi impulsor do Ano Xacobeo e en 2010 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia.

Temas: ASTURIANO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Malaxe

O culpable dise enxendro nacionalcatólico chamado xacobeo, ou de como darlle aínda máis cartos e poder a igrexa antigalega. Hoxe o xacobeo é un dos instrumentos máis españolizadores da Galiza e máis corruptos: contrata a un historiador local e en poucos meses teras un novo camiño de santiago que pasa curiosamente polo teu concello...