Goretti Sanmartin busca que Santiago sexa un concello "inclusivo, integrador e vertebrado"

Nesta segunda semana de campaña, Goretti Sanmartín avanzou que o BNG intensificará a presenza nas rúas e o "contacto directo" cos veciños de Santiago para "seguir trasladando" a mensaxe "en positivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou, como balance da primeira metade de campaña, a alta receptividade ás propostas do BNG e o traballo "moi en positivo" cunha "importante presenza nos barrios". "Santiago é un diamante en bruto e imos transformalo nun concello BNG: inclusivo, integrador e vertebrado", afirmou.

Durante estes días, dixo Sanmartín, os representantes do BNG atoparon "moi boas vibracións e enerxía positiva" que lles "traslada o conxunto dos veciños", para os que o BNG "é un referente de saber facer e un modelo xa experimentado para transformar os concellos e cidades" de Galicia.

Nesta segunda semana de campaña, Goretti Sanmartín avanzou que o BNG intensificará a presenza nas rúas e o "contacto directo" cos veciños de Santiago para "seguir trasladando" a mensaxe "en positivo" das súas propostas para construír un modelo de concello "inclusivo, integrador e vertebrado, pensado para as persoas e que garanta os mesmos servizos e dereitos independentemente de onde residan".

Goretti Sanmartín es. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Goretti Sanmartín es. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Erahora

Quere dicir Goretti que dende o ano 1999 ata o 2011 que o BNG cogobernou (co PSOE) Compostela non fixo nada disto????