Jesús Vázquez anuncia bonobús gratis en Ourense para xubilados, parados e familias en risco de exclusión

Entre outras novidades, anunciou a creación dunha Concellaría de Atención ás persoas con Discapacidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O candidato á reelección en Ourense polo PP, Jesús Vázquez, anunciou que, en caso de repetir tras o 26M, "todos" os xubilados, desempregados, familias numerosas ou en risco de exclusión social terá bonobús gratis. "É unha das moitas medidas coas que queremos axudar no día a día das persoas que máis o precisan, aliviándolles todas as cargas económicas posibles. Neste caso, cunha proposta concreta en favor da mobilidade e que será un importante apoio social para os colectivos máis necesitados", explicou Vázquez Abad.

Así, o candidato do PP prometeu pór en marcha o "mandato máis social" da historia de Ourense, con medidas para as familias, maiores, persoas dependentes, mulleres ou colectivos inmigrantes, "sen que a oposición volva dicir 'non' como ocorreu no pasado mandato". A medida estrela deste proxecto é o Plan de Investimento Social, para atender aos colectivos máis débiles e que contará cun orzamento de 30 millóns.

Entre outras novidades, anunciou a creación dunha Concellaría de Atención ás persoas con Discapacidade, co obxectivo de alcanzar "o 100% de cobertura á dependencia, cun reforzo do programa de atención que suporá máis horas e servizos". Tamén se implantará un Plan Municipal para as persoas maiores e construirase unha nova residencia pública no Vinteún.

En paralelo, Vázquez comprometeu axudas para as familias monoparentais ou en risco de exclusión con proxectos como o 'Cartón Familia' para que teñan ORA gratis ou o Bono MedrOu para que os nenos das familias con menos recursos teñan as mesmas oportunidades de participar en actividades culturais, deportivas ou educativas "sen discriminación económica".

O Bono Naceu ofrecerá unha axuda de 100 euros durante o seis primeiros meses aos nenos nados na cidade e reforzará os descontos nas tarifas municipais de auga e de lixo destas familias, segundo Vázquez Abad. Por último, propuxo un Plan para a Muller que contemplará actuacións para a loita contra a violencia de xénero e para empoderar á muller na vida laboral e social.

Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense. TWITTER
Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense. TWITTER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta