Vinte e seis centros públicos participarán nunha iniciativa de intercambio lingüístico dentro da UE

A convocatoria está dirixida ao alumnado que curse 3º e 4º da ESO en centro de ensino públicos galegos que desenvolvesen algunha iniciativa de intercambio entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2019 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación publicou a resolución do programa de intercambio de alumnado para centros de ensino con países da Unión Europea no marco do programa EduExchanges co obxectivo de que o alumnado "mellore as súas competencias en lingua estranxeiras nun contexto de convivencia diaria".

Un total de 26 centros públicos galegos e 416 alumnos participarán este curso nesta iniciativa. A convocatoria está dirixida ao alumnado que curse 3º e 4º da ESO en centro de ensino públicos galegos que desenvolvesen algunha iniciativa de intercambio entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo pode ser a primeira ou segunda lingua estranxeira cursada polo alumno.

Cada centro recibirá unha axuda económica máxima de 7.000 euros da Consellería, que será destinada a "sufragar os gastos derivados do intercambio". Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, así como a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren.

Doutra banda, as familias do alumnado participante comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención. Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o "fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario". Ademais, pretende "fomentar a mobilidade" entre o alumnado co fin de "mellorar a súa competencia lingüística".

CENTROS PARTICIPANTES

Entre os institutos seleccionados da Coruña están o IES Salvador de Madariaga (A Coruña); Plurilingüe A Cachada (Boiro); David Buján (Cambre); Carral; Catabois (Ferrol); A. Xelmírez I (Santiago de Compostela); Miraflores (Oleiros); Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Oleiros) e CPI de Viaño Pequeno Trazo (Trazo).

Na provincia de Lugo participarán os institutos de Monte Castelo (Burela); IES de Foz (Foz); Sanxillao (Lugo); Río Cabe (Monforte de Lemos); A Pinguela (Monforte de Lemos) e o Illa de Sarón (Xove). Entre os institutos de Pontevedra están o IES Pedra dá Auga (Ponteareas); Ramón María Aller Ulloa (Lalín); Plurilingüe A Paralaia (Moaña); CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán); Valle-Inclán (Pontevedra); Sanxenxo (Sanxenxo); Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa); Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa); Miguel Anxo González Estévez (Vilagarcía de Arousa) e o Politécnico de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Uma curiosidade? Este intercambio linguístico é entre uma língua estrangeira (primeira ou segunda) e ... , a língua própria da Galiza? Que segundo o estatuto de autonomia é a língua galega, ou, a língua do estado ..., o castelhano, que está a acabar coa nossa língua?