Temas: BNG ANA MIRANDA

O BNG defende que Miranda foi a "voz en Bruxelas" para a devolución do Pazo de Meirás

Nun vídeo de campaña, o BNG recolle diversas intervencións de Miranda na Eurocámara denunciando a "aberración democrática" de manter os privilexios dos herdeiros do ditador, nunha "especie de franquismo sen Franco".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2019 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O BNG reivindicou o traballo realizado no Parlamento Europeo pola súa eurodeputada e candidata Ana Miranda en defensa da devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás, que Franco recibiu en plena guerra civil no ano 1938 e que permanece en mans dos seus herdeiros.

Nun vídeo de campaña, o BNG recolle diversas intervencións de Miranda na Eurocámara nas que denuncia a "aberración democrática" de que se manteñan os privilexios dos herdeiros do ditador, nunha "especie de franquismo sen Franco", co Pazo --antiga propiedade da escritora Emilia Pardo Bazán-- xestionado pola Fundación Franco, que desenvolve "unha clara actividade de apoloxía do ditador".

E mentres, denuncia, os que reclamaron a devolución do pazo, cunha toma "simbólica", o grupo denominado os '19 de Meirás', "están imputados pola familia Franco e exponse a multas e anos de cadea".

O vídeo lembra, entre outras cuestións, diversas intervencións da eurodeputada pedindo a ilegalización da 'Fundación Franco', a devolución do pazo e do resto do "patrimonio roubado" e recolle a visita de eurodeputados ao inmoble, situado na localidade coruñesa de Sada, a instancias do BNG.

Ana Miranda no Parlamento Europeo
Ana Miranda no Parlamento Europeo | Fonte: BNG

Temas: BNG ANA MIRANDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta