Podemos pide que non se acepten doazóns de Amancio Ortega á sanidade pública

"Son as institucións as que teñen que decidir onde vai o diñeiro, para garantir que os dereitos son iguais para todos", din desde a formación política.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Varios dirixentes de Podemos criticaron que Amancio Ortega faga doazóns á sanidade pública en forma de equipos de diagnóstico e tratamento para loitar contra o cancro, e pediron que non se acepten. A candidata de Unidas Podemos á Comunidade de Madrid, Isa Serra, afirmou este domingo en Twitter que "a sanidade pública non pode aceptar doazóns de Amancio Ortega", xa que se debe financiar con impostos, "os mesmos que esquiva e elude Inditex. 600 millóns en tres anos".

Serra detallou que, segundo as súas estimacións, aforrouse 218 millóns en España, 76 en Francia, 57 en Italia, 25 en Alemaña, 22 en Reino Unido e 20 en Grecia. "As doazóns son unha decisión persoal, pero a sanidade é un dereito que debe garantirse todos os días. Que non pode depender da caridade, do humor ou a bondade coa que se levanten os multimillonarios", escribiu en Twitter, ratificando as declaracións realizadas anteriormente na Cadea Ser.

Nesta mesma liña, o secretario de Comunicación de Podemos, Juanma del Olmo, afirmou que "se abrimos a porta a que millonarios elixan onde invisten nos servizos públicos pódense xerar desigualdades graves". Na súa opinión, "son as institucións as que teñen que decidir onde vai o diñeiro, para garantir que os dereitos son iguais para todos". "Iso é democracia", apostilou en Twitter.

Neste sentido, preguntouse: "Que vos parece que sexa un millonario quen decida que enfermidades e que cidades deben ter mellores tratamentos e recursos?". Pola súa banda, o secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, indicou que Amancio Ortega se converteu este domingo nunha das tendencias en Twitter porque Isa Serra "explicou que a sanidade pública non debe sosterse mediante a caridade voluntaria que blanquea certas prácticas empresariais e lava a súa imaxe, senón mediante a eliminación obrigatoria de privilexios fiscais aos multimillonarios".

Serra afirma no seu fío de Twitter que estas doazóns de millonarios son finalistas, é dicir, están destinadas a unha causa concreta. "Non veñen precedidas dunha análise experta que estude onde se distribúen os recursos. Isto provoca desigualdades e enfermidades e pacientes de primeira e segunda clase", apostilou.

O empresario Amancio Ortega
O empresario Amancio Ortega | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

quen vén sendo https://twitter.com/isaserras ? será que os cartos de Amancio son distintos dos cartos de Galapagar? será que inxectar diñeiro no Sergas é agora un pecado capital? O problema témolo nesta "esquerda de merda" https://i.gal/gamela05