Morre na Baña un sexagenario que caeu nunha lareira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 00:16

Comparte esta noticia

As forzas de seguridade abriron unha investigación para aclarar a morte dun sexagenario na Baña (A Coruña) que caería de forma fortuíta sobre o lume dunha lareira.

Segundo informaron a Europa Press fontes coñecedoras do caso, a caída sobre as chamas puido deberse a que o home morto sufriu algún tipo de ataque relacionado co seu estado de saúde.

Foron os veciños os que deron a voz de alarma ao ver fume e percibir cheiro a queimado. Segundo informou o 112, ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e axentes da Garda Civil.

Lume nunha lareira
Lume nunha lareira | Fonte: sergas.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta