Máis dunha ducia de artistas participan nun concerto en apoio ao pintor coruñés Jorge Cabezas

O artista sufriu un accidente cerebrovascular en 2014 que lle impediu continuar coa súa carreira.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/05/2019 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Máis dunha ducia de artistas participarán este xoves, no Garufa Club da Coruña, nun concerto en apoio ao pintor coruñés Jorge Cabezas, que sufriu un accidente cerebrovascular en 2014 que lle impediu continuar coa súa carreira.

'Cabezas Liv Aid2'.
'Cabezas Liv Aid2'.

Segundo informa a organización, Xoel López, Antón Reixa, Julián Hernández, Carolina Rubirosa ou Álvaro Dorda serán algúns dos nomes que se darán cita neste encontro, que se celebra por segunda vez.

O 'Cabezas Liv Aid2' volverá celebrarse no Garufa Club, ás 21,00 horas, e contará tamén con Extrema Urgencia, Los Fabulosos Cubatas, Fran Castro, Diego Veiga e Los Mecánicos, entre otros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta