O Sergas mantén a súa última oferta aos Puntos de Atención Continuada

Lembra que "aceptou nove das once medidas expostas" polas organizacións sindicais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantén a súa oferta aos Puntos de Atención Continuada (PAC) e lembra que "aceptou nove das once medidas expostas" polas organizacións sindicais. Así o indicou a Consellería de Sanidade na mesma xornada na que foron convocadas vixilias este luns pola noite polo colectivo PACs en pé de Guerra con motivo dos seus 18 meses de mobilizacións.

Traballadores dos PAC.
Traballadores dos PAC.

Ademais, o Sergas fixo un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores "para continuar o diálogo". De feito, o comité de folga da PAC lamentou este luns que "unha semana despois de pedir unha reunión coa Consellería de Sanidade aínda non tiveron resposta.

Entre as últimas "melloras" incorporada á proposta aos traballadores da PAC o Sergas lembra o "incremento retributivo pola realización de noites e festivos/domingos nun 60% en 2020 e do 40% en 2021", o que suporá, concreta, "de media un incremento de 600 euros anuais por noites e 1.400 anuais por festivos/domingos".

En relación co incremento de persoal, o Sergas lembra que aceptou a garantía de reforzos de profesionais que sexan necesarios "tendo en conta criterios obxectivos como a sobrecarga asistencial, distribución etaria, dispersión, desprazamentos ou outras circunstancias que o xustifiquen".

"Tamén se aceptou a dotación de equipos completos de profesional medicina/enfermaría e realización no último trimestre de 2019 dunha análise da dotación de novas prazas no marco global da Atención Primaria", indica Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta