Pachi Vázquez considera "fundamental" a "integración efectiva" dos venezolanos no Carballiño

O ex secretario xeral do PSdeG-PSOE e actual líder de Espazo Común propón crear un departamento específico de apoio e integración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O ex secretario xeral do PSdeG-PSOE e actual líder de Espazo Común e candidato á alcaldía do Carballiño, Pachi Vázquez, apostou este luns pola integración dos emigrantes venezolanos retornados con medidas "concretas", así como coa creación dun departamento específico de apoio e integración no municipio ourensán.

Pachi Vázquez (segundo pola dereita), na presentación de Espazo Común
Pachi Vázquez (segundo pola dereita), na presentación de Espazo Común | Fonte: EP.

"A candidatura de Espazo Común no Carballiño está a apoiarse nun grupo de traballo representativo deste colectivo para coñecer de primeira man as perspectivas e a realidade dos emigrantes venezolanos retornados", asegurou a organización política nun comunicado.

Desta maneira, Pachi Vázquez considerou "fundamental" atender unha realidade que afecta os emigrantes retornados no Carballiño, "moitos deles fuxindo dunha situación de extrema gravidade en Venezuela", e ofrecer medidas concretas para unha integración absoluta do pobo venezolano.

Nunha carta formal, enviada a eses colectivos, expresou a súa "aposta decidida" pola integración "efectiva" do pobo venezolano, e pediu o voto a todos eles.

"Asumo o compromiso de escoitar e facer o que estea nas miñas mans para que poidan ter un futuro aquí que satisfaga as súas necesidades e aspiracións", relata Pachi Vázquez no texto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta