A concelleira de Marea Atlántica Claudia Delso comparece este venres como investigada por presunta prevaricación

Farao tras unha denuncia do PP pola adxudicación de usos do antigo cárcere provincial.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/05/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A concelleira de Participación e Innovación Democrática no Concello herculino, Claudia Delso, --que nas eleccións municipais repite na candidatura de Marea Atlántica como número 6-- comparecerá este venres, en condición de investigada, ante a titular do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña en relación á adxudicación de usos do antigo cárcere provincial.

Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Claudia Delso concelleira Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Farao tras ser citada para ese día con anterioridade e despois de desestimar a xuíza o recurso que presentou a concelleira, a través da súa representación legal. Finalmente, segundo informaron fontes próximas ao caso, deberá comparecer o venres, ás 12,00 horas.

Será tras a denuncia presentada polo PP, avalada polo Ministerio Fiscal, por presunta prevaricación do goberno municipal coruñés na adxudicación de usos do antigo cárcere ao colectivo Proxecto Cárcere.

"Contenta de aclarar o que haxa que aclarar", asegurou, no seu momento, a edil tras coñecer que debería comparecer como investigada polo concurso convocado para esta adxudicación. Del, defendeu que foi unha convocatoria "transparente", mentres acusou o PP de buscar a "deterioración" da antiga prisión para facer, nela, un proxecto "especulativo".

Sobre esta convocatoria pública, argumentou tamén que se fixo "para que calquera entidade sen ánimo de lucro puidese facer unha xestión para actividades socioculturais".

Tras coñecerse que declararía como investigada en relación a este caso, Claudia Delso obtivo o apoio do alcalde, Xulio Ferreiro, quen cualificou de "política" a denuncia do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta