Senra (En Marea) pide á UE que garanta "transparencia" en medicamentos e impulse farmacéuticas públicas

A candidata de En Marea-Compromiso por Europa, pide unha "sanidade cen por cen pública e que garanta unha atención de calidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A candidata de En Marea-Compromiso por Europa, Lidia Senra, reclamou unha "sanidade cen por cen pública e que garanta unha atención de calidade". Así, reclamou á Unión Europea que garanta "transparencia" nos medicamentos e impulsar empresa farmacéuticas públicas.

EN MAREA-COMPROMISO POR EUROPA
EN MAREA-COMPROMISO POR EUROPA | Fonte: Europa Press

Estas propostas foron lanzadas durante unha visita da tamén eurodeputada na localidade lucense de Monforte, onde fixo unha repartición de información da campaña en cálea Cardeal, acompañada de membros da lista electoral.

"Que se impulsen empresas farmacéuticas públicas para garantir o acceso universal aos medicamentos, evitando que os sistemas públicos de saúde poidan ser reféns de intereses privados", reclamou durante a súa visita, en declaracións aos medios.

Na súa intervención, presentou as súas propostas en materia de saúde para o próximo mandato. Así, defendeu que a sanidade "ten que ser un servizo cento por cento público" e no que se "garanta unha atención de calidade".

Para iso, "é fundamental", dixo, que os traballadores teñan "unhas condicións laborais dignas e estables".

Ademais, Senra defendeu que a Unión Europea debe impulsar medidas para impedir conflitos de intereses e garantir a transparencia na Axencia Europea do Medicamento e na Axencia de Seguridade Alimentaria.

Tamén reclamou unha aplicación real do Principio de Precaución nas autorizacións dos pesticidas nas sustancias químicas e, neste sentido, considerou prioritario a prohibición do glifosfato. Así mesmo, reclama que se "efectivice" a prohibición dos disruptores endocrinos en cosméticos, xoguetes e envases de alimentos antes de xuño de 2020.

En canto á proposta das empresas farmacéuticas públicas, explicou que se trata de "garantir o acceso universal aos medicamentos", evitando, engadiu, que "os sistemas públicos poidan ser reféns de intereses privados".

PLATAFORMA FERROCARRIL

Doutra banda, a eurodeputada tamén se reuniu á primeira hora da mañá deste mércores con membros da Plataforma en defensa do ferrocarril para defender a necesidade de impulsar os trens de proximidade como medio de transporte público.

É unha proposta que xa fixo en campaña electoral e ten como obxectivo, xunto con outras medidas alternativas ao vehículo privado, loitar contra o cambio climático.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta