Entra en vigor a lei da Xunta para rehabilitación de centros históricos en plena campaña das municipais

A Xunta fixouse hai meses a actuación en case 100.000 vivendas situadas en zonas degradadas. Para iso, permitirase expropiar ou cobrar un canon a donos de vivendas en estado ruinoso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A lei de rehabilitación de Galicia entra en vigor este mércores co fin de "dinamizar" os centros históricos a través dunha simplificación de trámites e a aposta por axudas e bonificacións fiscais. En declaracións este mércores, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, falou dun "día histórico" pola posta en marcha dunha lei "moi demandada" que "está a espertar gran interese" entre concellos, empresarios e propietarios para a recuperación de edificios abandonados.

Entre as novidades desta norma atópase que non será necesario a autorización autonómica previa para o cambio de cubertas, actuacións de carpintaría exterior e fachadas, así como no interior de edificacións, sempre que non afecte a valores protexidos.

Ademais, está previsto a declaración de Áreas Rexurbe, núcleos históricos ou áreas especialmente degradadas nas que se dará unha resposta áxil ante a necesidade dunha resposta rápida o ámbito edificatorio, social e económico. Para iso, crearase un fondo cunha liña de incentivos para financiar proxectos de rehabilitación. Na presentación desta lei, a Xunta fixouse hai meses a actuación en case 100.000 vivendas situadas en zonas degradadas. Para iso, permitirase expropiar ou cobrar un canon a donos de vivendas en estado ruinoso.

A conselleira explica que con esta lei permítese " a agregación de parcelas e edificios" co fin de facilitar a economía nos baixos comerciais. Tamén se aposta pola simplificación de trámites para "minorar tempos", á vez que se recollen sancións por pintadas en centros históricos, "que non se poden consentir", entre os 300 e os 150.000 euros.

Ademais, a Xunta destaca que para este ano destina máis de 30 millóns de euros para o fomento da rehabilitación, mentres os galegos dispoñen de 12 liñas de axudas para a recuperación de vivendas. Entre elas, está a liña dotada con 800.000 euros en axudas a menores de 35 anos para a compra de vivenda nos centros históricos.

A conselleira participou este mércores nunha reunión coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). Alí, lembrou que o ano pasado a Xunta adquiriu catro inmobles na cidade das Burgas por máis de 500.000 euros, mentres agora procédese á súa restauración por dous millóns de euros.

Entre en vigor a lei de rehabilitación de Galicia, con axudas para 'dinamizar' os centros históricos. XUNTA
Entre en vigor a lei de rehabilitación de Galicia, con axudas para 'dinamizar' os centros históricos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta