Condenados a 16 anos de cárcere os dous culpables de asasinato polo crime de 'A Esmorga'

A Audiencia Provincia de Ourense condenou a 16 anos de cárcere a cada un dos dous culpables de asasinato dun mozo de 22 anos no coñecido como crime de 'A Esmorga'.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/05/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincia de Ourense condenou a 16 anos de cárcere a cada un dos dous culpables de asasinato dun mozo de 22 anos no coñecido como crime de 'A Esmorga'.

O tribunal de xurado ditou o 7 de maio veredicto de culpabilidade por un delito de asasinato con aleivosía para os dous acusados, Óscar E.L. e Eduardo F.L. Agora a Audiencia impón as penas de 16 anos de cárcere, con circunstancias atenuantes, así como unha indemnización de máis de 100.000 euros á nai da vítima.

Así, os dous veciños do Carballiño acusados son condenados pola morte de Alexandru Walter Boghio, a quen deron unha malleira e tiraron á canle do río Viñao tras unha noite de festa. O caso é coñecido polo nome da novela Eduardo Branco Amor, 'A Esmorga', que narra unha noite de bebedeira por Ourense.

Fiscalía e acusación particular solicitaban que se impuxese aos acusados a pena de 17 anos, mentres as defensas pedían a pena mínima, de 15 anos.

AMP.- O xurado declara culpables aos dous acusados do crime de 'A Esmorga' dun delito de asasinato con aleivosía
AMP.- O xurado declara culpables aos dous acusados do crime de 'A Esmorga' dun delito de asasinato con aleivosía | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta