A película 'Elisa e Marcela' estréase a partir do venres en seis cinemas galegos

A película 'Elisa e Marcela' chegará ás salas as salas Numax de Santiago, Multicines Norte de Vigo, Cantóns da Coruña, Xunqueira de Cee, Cinexpo de Pontevedra e Pontevella de Ourense. O 7 de xuño estará disponible na plataforma dixital Netflix.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A película 'Elisa e Marcela' chegará ás salas galegas. Un total de seis cinemas da comunidade proxectarán o filme a partir deste venres para despois estrearse na plataforma dixital Netflix, o próximo 7 de xuño.

A cinta, dirixida por Isabel Coixet e producida pola compañía compostelá Zenit TV (co apoio da Xunta), conta a historia do matrimonio de dúas mulleres na Coruña en 1901, considerada a primeira unión homosexual de España. Natalia de Molina e Greta Fernández dan vida ás dúas protagonistas, acompañadas de actores galegos como María Pujalte ou Tamar Novás.

Tras a súa presentación na Berlinale, prevense pases en Madrid, Barcelona e Málaga, ademais da súa estrea nas salas Númax de Santiago, Multicines Norte de Vigo, Cantóns da Coruña, Xunqueira de Cee, Cinexpo de Pontevedra e Pontevella de Ourense.

O filme tamén chegará á televisión no ano 2020, concretamente á TVG, TV3, Canle Sur, Aragón TV, Castela-Mánchaa TV e Televisión de Canarias.

VÍDEO: Natalia de Molina e Greta Fernández protagonizan Elisa e Marcela: 'Moitos países seguen penando amor e liberdade'
VÍDEO: Natalia de Molina e Greta Fernández protagonizan Elisa e Marcela: 'Moitos países seguen penando amor e liberdade' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta