Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/05/2019 | Actualizada ás 12:31
Uns 38.000 traballadores do Servizo Galego de Saúde (Sergas) están chamados este xoves ás urnas para elixir os seus representantes sindicais, nunha xornada na que se instalaron 85 mesas electorais en hospitais e centros de saúde de toda Galicia.
Nas eleccións sindicais celebradas en 2015 o sindicato CIG fíxose coa maioría dos apoios, logrando 57 delegados e 4 representantes na mesa sectorial. En segundo lugar, o sindicato médico O´Mega, obtivo 43 delegados e 3 representantes na mesa; mentres que CC.OO. alcanzou os 37 delegados; UGT, 35; CSIF, 34 delegados; e Satse obtivo 28 delegados (e teñen dous representantes cada un na mesa sectorial).
Na xornada deste xoves, as mesas de votación están abertas desde as 8,00 horas, e pecharán ás 20,00 horas no caso dos centros de saúde, e ás 23,00 horas nos centros hospitalarios.
Estas eleccións sindicais no Servizo Galego de Saúde celébranse nun contexto convulso e de fricción entre profesionais e Administración sanitaria. Así, entre outros conflitos, o persoal da PAC leva 18 meses de folga indefinida, ao que se suman as protestas na Atención Primaria, encabezadas polos médicos e pediatras da área de Vigo, que acaban de protagonizar dúas xornadas de paro para pedir máis medios e máis tempo de atención aos seus pacientes, e que esixen a dimisión da xerencia da EOXI.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.