Pasa a disposición xudicial tras ser detido en Colombia o presunto autor da morte dun mozo en Ordes en 2016

O asasinato puido estar vinculado ao tráfico de estupefacientes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O presunto autor da morte en 2016 dun mozo de 24 anos en Ordes (A Coruña) foi posto a disposición xudicial durante a mañá deste xoves, despois de que fose detido en Colombia e extraditado a España.

Segundo fontes da Garda Civil, tras o traballo realizado para solicitar probas sobre os feitos, identificouse ao presunto autor e comprobouse que fuxira a Colombia. Tras solicitar a súa extradición, finalmente foi trasladado a España e posto a disposición xudicial ante os xulgados de Ordes no transcurso da mañá deste xoves.

Os feitos producíronse o 16 de xullo de 2016 cando un mozo de 24 anos, de orixe dominicano, foi achado morto con lesións de arma branca na rúa Compostela, próxima á zona de locais de lecer de Campo da Feira.

A Garda Civil estima que os feitos puideron estar vinculados ao tráfico de estupefacientes e que se produciron despois dunha discusión nun pub.

Pasa a disposición xudicial tras ser detido en Colombia o presunto autor da morte dun mozo en Ordes en 2016. GARDA CIVIL DA CORUÑA
Pasa a disposición xudicial tras ser detido en Colombia o presunto autor da morte dun mozo en Ordes en 2016. GARDA CIVIL DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta