Galicia foi a segunda comunidade con máis aumento de viaxeiros durante o mes de abril

A Xunta destaca que Galicia foi a segunda comunidade, por detrás de Baleares, ao rexistrar un incremento do 19,5% no número de viaxeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Xunta destaca que Galicia foi a segunda comunidade cun mellor comportamento durante o mes de abril, por detrás de Baleares, ao rexistrar un incremento do 19,5% no número de viaxeiros. Resáltao por mor dos datos que publicou este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten "bo comportamento" no catro provincias galegas.

Así, apunta que o crecemento foi superior ao 20% nas provincias de Lugo e Pontevedra e do 15% nas da Coruña e Ourense. A demanda aumentou tanto entre viaxeiros procedentes dalgún punto de Galicia como do resto de España e do mercado internacional.

Atasco na AP-9
Atasco na AP-9 | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta