A USC participa nunha rede de investigadores para avaliar o impacto do cambio climático na seguridade alimentaria

rátase da reunión de lanzamento da Innovative Training Network PROTECT, co fin de proporcionar unha formación de alto nivel nas ferramentas de modelado predictivo dirixida a aínda nova xeración de investigadores en fase inicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A profesora Almudena Hospido e o investigador Miguel Mauricio, do grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC, participan este xoves e venres en Dublín nunha rede de investigadores pre-doutorais que avalía o impacto do cambio climático sobre a seguridade alimentaria.

Trátase da reunión de lanzamento da Innovative Training Network PROTECT, co fin de proporcionar unha formación de alto nivel nas ferramentas de modelado predictivo dirixida a aínda nova xeración de investigadores en fase inicial. Unha acción 'Marie Sklodowska Curie', da que forma parte a USC, para promover a capacitación dos recursos humanos dedicados á investigación favorecendo á mobilidade entre países.

PROTECT ofrecerá habilidades transferibles necesarias para unha área que require desenvolvemento tecnolóxico innovador en microbiología, estatística, modelado matemático, tecnoloxía dos alimentos e enxeñaría ambiental.

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático
Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático | Fonte: meteorologiaenred.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta