CIG-Ensino sinala que máis do 9% das prazas das oposicións docentes quedarán "desertas"

Nun comunicado, o sindicato explicou que extrae o dato debido ás prazar de promoción interna do profesorado que técnico de FP a Secundaria, e acusa á Xunta de "vender fume" por "inflar" as cifras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O sindicato CIG-Ensino advertiu de que algo máis do 9 por cento das prazas das oposicións "xa se poden considerar desertas", tras a publicación das listas de persoas admitidas e excluidas das probas de acceso aos diferentes corpos docentes.

Nun comunciado, o sindicato explicou que extrae este dato debido ás prazas de promoción interna do grupo A2 a A1, é dicir, do corpo de mestres e profesorado técnico de FP a secundaria. A pesar de aumentarse as prazas ofertadas para iso de 262 a 276 só se matricularon 81 persoas.

A CIG lembra que xa o ano pasado habíanse matriculado 113 persoas, concorrendo finalmente a exame 85 e aprobando 21 peronas, polo que só un 8 por cento das prazas de cambio de corpo cubríronse finalmente.

Por iso, acusou á Xunta de "vender fume" coa OPE de Educación utilizando a oferta de promoción interna para idear unha "farsa" para afirmar que "se superaba" a proposta do pasado ano con cifras "infladas".

Estudantes en exames de oposicións.
Estudantes en exames de oposicións. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta