Temas: PSOE PONTEVEDRA

O PSOE de Pontevedra ve que "as cousas están moi abertas" para as eleccións do domingo

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, considerou que "as cousas están moi abertas" de face aos comicios do domingo e que nesta campaña percibiu máis "volatilidade" no voto que en anteriores ocasións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández, considerou que "as cousas están moi abertas" de  cara os comicios do domingo e que nesta campaña percibiu máis "volatilidade" no voto que en anteriores ocasións.

Tino Fernández trasladou que compartiu esta campaña "pareceu máis longa do que foi en realidade", debido a que viña precedida doutra e chegan "realmente coas forzas un pouco xustas". Así, agradeceu o traballo dos seus compañeiros de candidatura e comentou que sentiu tremendamente "arroupado" durante unha campaña "de moito pateo", camiñando ata 190.000 pasos.

O candidato do PSdeG trasladou como principal mensaxe que "pode haber outras formas de gobernar" e fixo referencia a asuntos como as infraestruturas, o saneamento da ría, a autovía A-57, a peaxe da autoestrada AP-9, a recuperación de terreos de Costas, nos que se fai preciso "un interlocutor que teña fío coa Moncloa".

Fernández espera que o PSOE consiga gobernar en Pontevedra. "Sería unha boa noticia porque xa demostrou que ten capacidade de xestión, que ten capacidade para gobernar, que non temos ocorrencias, que non somos uns tolos, sabemos moi ben o que necesita Pontevedra e temos moi boa conexión con Madrid".

PSDEG-PSOE PONTEVEDRA
PSDEG-PSOE PONTEVEDRA

Temas: PSOE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta