O TSXG celebra o martes a apelación do condenado por atropelar mortalmente a un mozo na Coruña

A sección segunda da Audiencia da Coruña condenou ao condutor como autor de tres delitos de homicidio, un consumado e dous tentados.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/05/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebra o martes a vista de apelación pola sentenza que condenou a un mozo, J.G.V.O., a 26 anos de cárcere polo atropelo mortal doutro mozo na Coruña.

De acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a sección segunda da Audiencia da Coruña condenou ao condutor, que tiña 19 anos, como autor de tres delitos de homicidio, un consumado e dous tentados, despois de que, durante a madrugada do 28 de outubro de 2017, atropelase á mantenta a tres novos no paseo marítimo herculino.

O acusado, segundo consta no fallo, pelexouse cos afectados nun pub do Orzán e, ao velos cruzar a vía por un lugar non habilitado para peóns, invadiu o sentido contrario da marcha e dirixiu o seu coche contra eles.

Como consecuencia do impacto, o mozo que camiñaba adiantado, de 24 anos, saíu despedido cara ás vías do tranvía e faleceu uns 45 minutos despois, mentres que un dos seus acompañantes sufriu lesións leves. A terceira persoa non foi alcanzada polo vehículo.

A Audiencia sinala, na sentenza, que o xurado considerou probado que o sospeitoso "executou os feitos co propósito de acabar coa vida do tres peóns, aceptando como posibilidade que se producise a morte, ou lesións, de todos ou algún deles".

Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia | Fonte: Caronium en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta