Ana Pontón pide unha "gran mobilización" para construír un "futuro con maior esperanza" en concellos e Europa

A portavoz nacional do BNG lembrou que o dereito a voto é algo "polo que moita xente traballou e loitou", para conseguir dereitos democráticos, liberdades públicas e servizos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu que este domingo electoral se produza unha "gran mobilización nas urnas" para que os galegos decidan sobre o futuro dos concellos e as institucións europeas para "seguir avanzado colectivamente como país" e para "construír un futuro con maior esperanza".

Pontón acudiu a votar durante a mañá á mesa electoral situada no CGAC en Santiago de Compostela, nunha xornada na que lembrou que o dereito a voto é algo "polo que moita xente traballou e loitou", para conseguir dereitos democráticos, liberdades públicas e servizos.

Apelou así a que se produza unha "gran mobilización" para que os galegos elixan a quen cren que permitirán que os seus concellos "sigan avanzando" e a quen "defendan os intereses do país" en Europa.

"Decisións relevantes", puntualizou, "para o presente e futuro para concellos e Europa".

Ana Pontón estivo acompañada da candidata do BNG á alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Suso Vila

Querería vivir nun concello do Bng, tipo Allariz, calqueira galego que visite un sabería o que é vivir en Europa e non na idade media dos caciques. Ogallá os meus votos de hoxe fagan ó meu concello máis galego e europeo. Só no Bng vexo futuro pra Galiza. Sen complexos nen intermediarios nen carretaxes, hai que votar Bng pra botar Españistán de Galiza!