Alfonso Rueda (PPdeG) pide "un esforzo máis" para acudir a votar en "dúas eleccións moi importantes"

Ana Pastor apela a "unha alta participación" porque "máis persoas votando significa máis persoas involucradas" no futuro de Pontevedra.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/05/2019 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pediu este domingo "un esforzo máis" para acudir a votar en "dúas eleccións moi importantes" como as municipais e as europeas deste 26 de maio.

Así, tras acudir a depositar o seu voto en Pontevedra, Alfonso Rueda manifestou que comprende que con "dúas campañas moi seguidas a xente está un pouco cansa". "Estamos cansados nós", admitiu, para demandar "un esforzo máis".

O dirixente popular resaltou que se trata de "dúas eleccións moi importantes" como as europeas e as municipais. "O que pase no sitio onde vivimos tamén é fundamental", abundou para desexar "unha xornada tranquila" e que "o traballo feito durante a campaña teña o seu froito".

"TEMOS QUE VOTAR"

Pola súa banda, a ex-presidenta do Congreso dos Deputados e deputada por Pontevedra, Ana Pastor, manifestou que das eleccións municipais "depende o futuro deste próximos catro anos para Pontevedra". "E do ben que nos vaia", apostilou.

"Temos que votar ás europeas e municipais", apelou Ana Pastor, quen sinalou que espera "tranquilidade" e "que todo vaia ben e unha alta participación". "Máis persoas votando significa máis persoas involucradas nese futuro que todos queremos para Pontevedra", sentenciou.

26M.- Alfonso Rueda. PPDEG
26M.- Alfonso Rueda. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta