Martiño Noriega apela a participar "democraticamente" nun "día importante" e defende que "a xente vote"

O alcalde e candidato de Compostela Aberta destaca que Compostela "se xoga o futuro dos próximos catro anos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago e candidato de Compostela Aberta á reelección, Martiño Noriega, apelou este domingo a participar "democraticamente" nun "día importante". "Hoxe o que toca é defender que a xente vote", sostivo.

Noriega, que votou no Colexio La Salle en Santiago, destacou que nestas eleccións municipais Compostela "xógase o futuro dos próximos catro anos".

O candidato de Compostela Aberta desexou "unha xornada con absoluta normalidade" porque "é sinónimo de que a xente poida exercer o seu dereito a voto en condicións óptimas".

Deste xeito, expresou o seu desexo de que "a xente decida participar e participen democraticamente". "O que os veciños de Compostela voten, ben votado estará", concluíu.

COMPOSTELA ABERTA
COMPOSTELA ABERTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta