En Galicia votaron 16 persoas axudadas por kits de accesibilidade para invidentes

Un total de 16 persoas puideron votar en Galicia ata as 18,00 horas, axudadas por kits de accesibilidade para invidentes, segundo informou a Delegación do Goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Un total de 16 persoas puideron votar en Galicia ata as 18,00 horas, axudadas por kits de accesibilidade para invidentes, segundo informou a Delegación do Goberno. Por provincias, foron once persoas na Coruña, dúas en Pontevedra, dúas en Lugo e unha en Ourense.

Ademais, este domingo 26 de maio, o colexio de educación infantil e primaria Pazos-Comoxo, situado en Comoxo, na localidade coruñesa de Boiro, converteuse en pioneiro ao estar adaptado para o voto das persoas con discapacidade intelectual.

Ata cincuenta persoas beneficiáronse da adaptación cognitiva instalada, con pictogramas realizados pola Asociación Amicos, pensada para contribuír ao exercicio deste dereito.

Membros da Asociación acudiron á primeira hora para desenvolver a iniciativa, para axudar ás persoas con discapacidade intelectual a votar nas eleccións municipais e europeas.

Á entrada do colexio situouse un pictograma informativo e outros gráficos de apoio, para indicar as distintas mesas electorais e a actividade nas cabinas de votación, a mesa de papeletas e as propias mesas nas que se vota.

A XORNADA TRANSCORRE CON TRANQUILIDADE

Ás 18,00 horas, segundo informou a Delegación do Goberno, continúa con normalidade a xornada electoral, con "pequenas incidencias menores e emendadas de inmediato nas diferentes mesas".

A Delegación puxo en valor o repunte na participación, segundo o avance das 18,00 horas, con máis dun punto nas municipais e de máis de quince nas europeas.

Foto de arquivo
Foto de arquivo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta