Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 20:01
O BNG de Dozón (Pontevedra) denunciou que unha muller de avanzada idade da localidade "non puido votar" este domingo, "ao figurar dada de baixa por defunción", polo que reclamaron ao concello que emende este "erro manifesto".
Os nacionalistas aseguraron que ao "preguntar ao INEM" lles comunicaron que a anciá "estaba dada de baixa por defunción".
O BNG fixo pública esta queixa a través de Facebook, nunha gravación na que se pode ver á muller xunto á candidata nacionalista na localidade, Mar Vila López. Nun momento do vídeo tamén se achega a saudala o alcalde de Dozón, Adolfo Campos, que lamenta a situación que acaba de coñecer.
O BNG pediu que se corrixa o erro, debido a que, ao marxe de que non puidese votar este domingo, lle podería "causar problemas" a "nivel administrativo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.