O PSdeG podería gobernar en seis das sete grandes cidades galegas

Segundo unha enquisa da TVG, o BNG obtería maioría absoluta en Pontevedra. O PP sufriría un forte descenso, igual que as mareas das tres grandes cidades. O PP só ten posibilidades en Ferrol e Compostela Aberta podería manter a alcaldía. Ciudadanos poderían estar presente en seis cidades e Vox, na Coruña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/05/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O PSdeG sería o partido máis beneficiado nestas eleccións municipais. Segundo unha enquisa de GFK para a TVG, os socialistas estarían en disposición de gobernar en seis das sete grandes cidades galegas; Vigo, Ourense, Ferrol, Lugo, A Coruña e Santiago. Unicamente Pontevedra quedaría fóra da influencia socialista. Nesta cidade Miguel Anxo Fernández Lores podería aumentar o apoio e acadar a maioría absoluta. Tamén queda a dúbida de Ferrol que sería a única urbe con algunha posibilidade para o PP.

Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero
Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero | Fonte: Miguel Núñez

En Vigo, Abel Caballero auimentaría a súa maioría absoluta e podería acadar ata 21 concelleiro. O PP quedaría con entre 3 e 4, Marea entre 2 e 3. A enquisa dálle entre un e ningún concelleiro a BNG e Ciudadanos. 

 

Na Coruña, Inés Rey podería ser a futura alcaldesa da cidade ao obter entre 8 e 10 concelleiros, o PP sacaría entre 7 e 8, entre 6 e 7 a Marea Atlántica, o BNG entre 2 e 3 e tanto Ciudadanos como Vox poderían acadar un concelleiro. 

 

En Ourense, o socialista Rafael Villarino podería ser o futuro alcalde ao obter entre 8 e 10, concelleiros, Democracia Ourensana sacaría entre 6 e 7, o PP entre 6 e 7, o BNG entre 2 e 3 e Ciudadanos e Ourense en Común poderían sacar entre 1 e 2.

 

En Lugo volvería repetir Lara Méndez como alcaldesa. Así, obtería entre 8 e 10 concelleiros, o PP entre 7 e 8, o BNG entre 4 e 5, Ciudadanos entre 1 e 2 e Unidas Podemos e Alternartiva cidadá de Esquerdas, entre 1 e 0.

 

En Santiago, Pepe Bugallo podería obter a alcaldía con entre 8 e 10 concelleiros, Compostela Aberta sacaría entre 8 e 6, o PP entre 5 e 6, BNG entre 3 e 4 e Ciudadanos 1

 

En Pontevedra, Lores obtería entre 13 e 15 edís, o PP entre 6 e 7, o PSOE entre 3 e 4 e Ciudadanos, Unidas Podemos e En Marea con entre 0 e 1.

 

Finalmente, en Ferrol o PP sacaría entre 10 e 12, o PSOE entre 8 e10, Ferrol en Común entre 3 e 4, BNG entre 1 e 2 e Ciudadanos 1.

ENQUISA DE LA VOZ

Pola súa banda, segundo o último tracking realizado por Sondaxe para La Voz de Galicia o PSOE gañaría as eleccións en Vigo, Ourense e Santiago; o PPdeG imporíase en Ferrol e Lugo; mentres que o BNG sería a forza máis votada en Pontevedra . Ademais, socialistas e populares empatarían a oito concelleiros na cidade da Coruña.

Este estudo demoscópica arroxaría que a única maioría absoluta sería a de Abel Caballero na cidade olívica e conseguiríaa aumentar a distancia ante o segundo, que sería o PP, ao pasar os socialistas de 17 a 20 edís, mentres que os populares como segunda forza quedarían con catro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta