Inés Rey, a segunda muller que pode ser alcaldesa da Coruña

A debacle de Marea Atlántica e o pinchazo do PP colocan ao PSOE na Alcaldía Coruñesa oito anos depois. Ferreiro asume en primeira persoa "a responsabilidade" dos resultados e di que esta semana anunciará o seu "futuro". Jorquera destaca a "remontada" da formación nacionalista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/05/2019 | Actualizada ás 00:16

Comparte esta noticia

Primeiro foi Paco Vázquez, logo Javier Losada e agora tócalle a Inés Rey. O PSOE volve ter a alcaldía da Coruña e, desta volta, de mans dunha muller de 36 anos, nai e, ata agora, autónoma. Sería, tras Berta Tapia, a segunda alcaldesa da cidade, aínda que só estivo nun ano no cargo tras a dimisión de José Manuel Liaño.

Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña
Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña | Fonte: cadenaser.com

Inés Rey chega a María Pita tras a debacle da Marea Atlántica que perdeu catro concelleiros, os mesmos que recuperou o PSOE. Os socialista empataron co PP en edís e tamén en votos. De feito, a diferencia cos populares é por moi poucas papeletas.

A aposta de Feijóo para A Coruña, Bea Mato, tamén resultou ser un fracaso. A ex conselleira baixou un concelleiro con respecto as eleccións de hai catro anos. 

Estas eleccións tamén deixan a suba moderada do BNG, que pasa de un a dous, con Jorquera como cabeza de cartel e tamén a permanencia de Ciudadanos no consistorio coruñés que mantén o edil que xa tiña.

REACCIÓNS

A candidata socialista á alcaldía da Coruña, Inés Rey, comprometeuse a "non defraudar" aos coruñeses e ofreceu "diálogo" ao resto dos grupos políticos. "Mañá --dixo en referencia a este mesmo luns-- empeza o duro, pero estamos preparados", apuntando xa á necesidade de acordos.

Antes, nunha intervención arroupada por militantes e por membros da candidatura, e recibida con berros de 'alcaldesa', agradeceu de "corazón" este resultado e tamén o traballo levado a cabo nesta campaña. "Grazas ao PSOE porque fai sete meses déstesme a oportunidade de liderar este proxecto", dixo moi emocionada. Ademais, subliñou que se deu o paso de optar a ser candidata foi para "deixar unha cidade mellor" aos seus fillos.

O candidato á reelección á alcaldía da Coruña por Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, asumiu en primeira persoa "a responsabilidade" dos resultados, tras perder catro concelleiros respecto dos resultados de 2015 e obter seis edís.

En rolda de prensa, pediu desculpas por non estar "á altura" e avanzou que esta semana anunciará o seu futuro, ao ser preguntado se el vai continuar. Na súa comparecencia, congratulouse polo feito de que os cidadáns apostasen "por manter unha maioría de progreso na cidade".

"Pero decidiu que non fose a Marea Atlántica quen a encabezase", remarcou Ferreiro, quen confirmou que xa felicitou por teléfono á candidata socialista, Inés Rei. Espero que estea á altura do mandato popular e que teña valentía para afrontar as reformas e proxectos que esta cidade necesita", subliñou.

Pola súa banda, o cabeza de lista do BNG á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, destacou a "remontada" da formación nacionalista na cidade. Así, sinalou que este resultado supón "un cambio de ciclo" que fixo extensivo ao conxunto de Galicia.

"O BNG ten representación en todas as cidades galegas, é a terceira forza no conxunto de Galicia e a terceira forza nas eleccións europeas", dixo a este respecto. "Somos corredores de fondo", expuxo tamén en alusión ao feito de que aumentase a súa representación na Coruña, un feito que atribuíu ao traballo de "todas e todos" na campaña, que cualificou de "extraordinaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Mario Pita

LAAA, LA, LA, LAAA... Una Paco Vázquez 2.0, madrilega e localista (psdg(é un decir...)-P$o€...). Parabéns a todos los curuñeses!

2 Soliño

A señora Inés fala castellano desde o púlpito. Non se corta. O BNG e as Mareas van apoiar outra nova españolización descarada da Coruña? A cambio de que? Por canto se venden?

1 eusi

Ofrecen diálogo cando eles nunca o quixeron? Unha descoñecida montada na onda madrileña do Psoe que vén para desfacer o feito.