O xoguete roto da solidaridade

A solidariedade de proxección internacional chegou a perder tantos quilos de peso que os perigos que acosan ao seu saúde son case inminentes.

Por Juan De Sola | Pontevedra | 29/01/2012

Comparte esta noticia

 Xa traspasamos o límite que pon en risco proxectos e programas de cooperación que benefician a millóns de persoas no mundo. O informe de Médicos Sen Fronteiras de 2011 pon de manifesto que o actual investimento retrocede a niveis de 2001. Dez anos de regresión. E por contra, o número de necesidades rexistrou un aumento considerable en innumerables contextos sociais.

 
A Axuda Oficial para o Desenvolvemento comeza a ser un actor secundario, vido a menos, nos plans de xestión dos novos tempos políticos en Galicia e España, e algúns países da Unión Europea. Chega o ocaso dun nome imprescindible, ata non fai moito, en todos os mítines e foros onde rezumaba a progresismo político. 
 
A día de hoxe, trátase dese nome incomodo para a compañía de actores e actrices que non podemos despedir porque o prezo da sua liquidación é máis caro que mantelo no elenco. Por iso, lle asignamos un papel moi discreto en escena, pero co suficiente maquillaxe para xustificar a súa nómina ante o esixente público.
 
Os aplausos xa non se dirixen cara ás accións solidarias no exterior.  As ovacións están exclusivamente reservadas para os doutores e profesores experimentados do recorte máis insolidario. Aquel que só pensa nun mesmo, ¡por si fose necesario! 
 
Ese parece ser o exquisito trato ao que se enfronta a cooperación ao desenvolvemento, a Axuda de Urxencia ou Humanitaria ao longo e ancho dos vindeiros anos… Un ideario político en perigo de extinción coa quiescencia dunha sociedade asfixiada por un modelo económico que limita, máis ben, non soporta os beneficios colectivos do adorado benestar social.
 
Agora mesmo, a actual situación da Axuda destinada ao Desenvolvemento aseméllase a ese “xoguete roto” co que todos xogaron, pero non souberon ni compartir, ni respectar. Só queda  saber si os danos producidos por tal irresponsables accións son reparables ou irreparables para un destacado actor principal a un paso de caer na nostalxia dun pasado glorioso.
 
O paso tempo quedou encargado de portar as novas que se produzan no cartel da representación, ben sexan positivas ou negativas…

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan De Sola Xornalista de Onda Cero Radio e corresponsal da axencia Efe Pdte Agareso - Reporteiros Galegos Solidarios 16 anos de exercicio como profesional da comunicación Recoñecementos: Mérito Social Pentenciario polo proxectos de comunicación para o desenvolvemento no centro penitenciario de A Lama Recoñecemento da asociación galega de radiodifusión pola reportaxe 'Mariñeiro no porto de Meloxo - O Grove' no afundimento do Prestige