2-0, gaña a APU

A APU impúxose nas distintas votacións na Asemblea Nacional do BNG sobre a candidatura que impulsan Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Só acudiron a votar pouco máis de 1.700 militantes dos case 5.400 que estaban inscritos. Irmandiños e Máis Galiza agardan mobilizar o voto o domingo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2012 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O primeira gran victoria da asemblea nacionalista foi para a Alternativa paa Unidade (APU) que conseguiu aprobar o informe de xestión da Executiva co apoio do Movimento Galego ao Socialismo (MGS). EI e Máis Galiza votaron en contra. Nesta primeira gran votación, que tivo lugar na mañán do sábado, votaron case 1.700 militanes; 1.119 votos, a favor, 493 en contra e 62 abstencións.

None

A APU conseguiu o respaldo do 66,85 por cento dos militantes presentes e 29,4 por cento, en contra. As abstencións, segundo as fontes consultadas, poderían ser dalgún independente e de militantes dos MGS. Con todo, estes datos eran xa agardados polos irmandiños e Máis Galiza que confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta.

 

A segunda derrota para estas dúas correntes chegou pola tarde, cando se votou a súa enmenda á totalidade nas cinco comisións creadas. Aínda que as diferenzas reducíronse con respecto a primeira votación, o certo é que a súa proposta foi rexeitada por case 900 votos en contra, fronte a 600 a favor.

 

Mobilización

None

 

A pesar de ser un número alto de participantes, o certo é que este sábado no se chegou nin á metade dos 5.400 militantes que estaban inscritos. Por iso, os irmandiños e Máis Galiza confían en que os seus se mobilicen o domingo para votar as candidaturas á Portavocía e á Presidencia da Xunta. 

Con todo, tamén desde a APU están convencidos de que este sábado faltaron moitos dos seus posibles apoios. Así que haberá que agardar a mañá para saber o desenlace da asemblea nacionalista. 

 

Durante o debate do informe de xestión quedou reflectida a gran diferenza ideolóxica e política que enfronta á UPG -- o partido maioritario do BNG e sobre o que pivota a candidatura da APU-- e Máis Galiza e Encontro Irmandiño. Asi, mentres os primeiros criticaron que se teñna “mediatizado” os debates internos da formación, os segundos insistiron na necesidade de abrir “ideolóxicamente” o BNG e, sobre todo, pular polo respecto mútuo entre correntes.

 

Intervencións

 

As intervencións da maior parte dos dirixentes da UPG concentráronse, principalmente, en pedir que os debates do BNG “queden dentro do BNG” e non se “externalicen” nin se “mediaticen”.

 

Neste sentido pronunciáronse o deputado Alfredo Suárez Canal; o alcalde de Allariz, Francisco García; a vicesecretaria da Mesa da Cámara, Carmen Adán e a tamén deputada Ana Belén Pontón.

 

Pola súa banda, os dirixentes de Máis Galiza e Encontro Irmandiño destacaron a necesidade de chegar a “entendementos” internos. Un discurso que mantiveron Mario López Rico, Xesús Veiga, Xoán Carlos Báscuas ou Alba Nogueira.

 

A pesar de que acabou apoiando o informe de xestión, os MGS, que tamén presentou unha lista á asemblea, mostrouse crítico co documento e co proxecto político nacionalista. Neste sentido, Paula Castro, apotou por continuar coa “resistencia e a pancarta” e o líder dos MGS, Rafa Villar, aínda que discrepante co texto, chamou a dar un respaldo “crítico” ao mesmo.

 

O “nacionalismo” de Pontevedra

 

Un dos máis “belixerantes” foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que, aínda que sen citalos, criticou duramente a xestión dos alcaldes de Máis Galiza e EI que presentaron xa dous manifestos nos que reclaman unha apertura do BNG á sociedade.

 

 “Nós presentamos ao BNG a peito aberto, sen ocultar o noso nacionalismo, no berce dos populares”, dixo en alusión á cidade de onde é “Rajoy, Rueda, Louzan ou Ana Pastor”. “E fixémolo sen disfrazarnos, con posturas claras, dicindo que somos nacionalistas e non galeguistas”, indicou.

 

Unhas verbas que non sentaron ben a moitos dos seus colegas rexedores pero que preferiron non contestarlle. Martiño Noriega, alcalde de Teo, destacou a necesidade de “respectarse mutuamente” para construír un novo BNG e o de Monforte, Severino Rodríguez, quixo render no inicio da súa intervención unha homenaxe aos históricos dirixentes desta formación como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, Camilo Nogueira ou Bautista Álvarez, entre

outros.

 

Os que non falaron

 

Neste primeiro gran debate non houbo intervencións por parte dos grandes líderes e dirixentes históricos. Así, nin Carlos Aymerich, nin Xosé Manuel Beiras, nin Camilo Nogueira falaron por parte da candidatura EI-Máis Galiza. 

 

Tampouco falou Francisco Jorquera, da APU e Guillerme Vázquez limitouse a presentar o informe de xestión. Pola súa banda, Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG, tomou a palabra para apoiar este texto e para chamar a defender a “nación galega”.

Estas son as imaxes que facilita a fronte da inauguración esta mañá no mercado de gando de Amio, en Santiago:

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 76 comentarios

8 Colebra

Home Beiras, por Deus, a teus anos e deixas que mallen en ti coma o centeo verde! Para iso excusache meter os cas na bouza. Agora no tes mas remedio que meter o rabo entre as pernas e poñer camiño da casa. Está visto, non terán a razón pero teñen os votos, e na democracia é o que conta. Boeno alomenos intentácelo!

1 O muiñeiro da Serra

Colebra, o nome xa te define; pero poñer en cuestión o nivel político de Beiras ramacha o conto. xosé Manuel Beiras é un home de talento político e profesional á marxe de estar ou non no candeeiro político.Non o esquezas nunca.

2 O Muiñeiro da Serra

Se Galiza tivera media ducia de homes ou mulleres da talla persoal e política de X. M. Beiras outro galo cantaría !! Home íntegro, home socal, home político por natureza. Podes ti equilibrar o seu curriculum?

3 Cristobo

Muiñeiro, o problema do Beiras é o seu personalismo e que non se pode traballar en equipo con el. É un protagonista e actúa ás veces coma un meniño caprichoso (verías hoxe cando perdeu a enmenda!)...a súa valía está fora de toda dúbida.

4 O Muiñeiro da Serra

Amigo Cristobo, na vida hai que serve para o montón e que está para educar ao montón. Ese é o posto de Beiras. Non serve para facer equipos, certo; pero serve para que os equipos se conformen logo de "rumiar" as sáus ideas que sempre son lúcidas, erano nos anos setenta e ainda o son hoxe; aí tes os seus escritos e libros. Logo non descualifiques aos mellores porque son os que conducen a caravana cara a esa alba de gloria que todos soñamos. Probas, onde estea Beiras verás xente esperando oirlle dicir algo, algo que lles serva para algo. Esa é a diferencia.

5 Cristobo

Correcto Muiñeiro, comparto esa análise, pero para esas figuras excepcionais e únicas temos sitio e acomodo dentro do BNG -claro que si-...pero DENTRO!...QUE NOS ENSINE DENTRO!, non a través da prensa!!!!!, e despois que deixe participar, que escoite, que ninguén é omnipotente, que ninguén -incluso EL- está en posesión da verdade absoluta. Eu confio mais nunha organización-democrática ben formada, informada e operativa que en modelos presidencialistas e de referentes caudillistas.

7 Dani

Se gañan as teses da UPG considerarei seriamente deixar de votar ao BNG e a súa versión acrítica e disciplinaria ao mellor estilo pepeiro mais tamén recoñezo que esta asamblea esta a sermos para os cidadáns unha das poucas notas de calidade nun ambiente político de tan baixo nivel e tan inmaduro como é a Galicia actual. Por moi lonxe que poida estar do ideal. E dende logo está a subraiar o gran mal deste século, a pasividade, a pasividade é o facer moitos proxectos perfectos e moitos avances pero na túa cabeza. Estamos a aprender política grazas ao BNG, maila que se poidan equivocar. Pero así se aprende non?

1 Un vello galeguista

Estou de acordo contigo no referente a lección de democracia que supón a discusión asemblearia do BNG. Se gaña a UPG non se acaba o mundo, somentes quedan claras dúas cousas, alomenos. Unha que os seu militantes acoden a voz de mando; outra que os simpatizantes de +Gliza e EI terán que buscar a fórmula de ofrecer unha saida digna aos restantes militantes e simpatizantes nacionalistas galeguistas que se quedarían sen opción. Nada máis e nada menos. Penso que non é ningunha traxedia. Pode ser o comenzo do bo camiño que se precisa encetar para ofertar a este Pais unha forza política que deixe de ser testimonial e pasa a ser alternativa de goberno. Así ten que ser; caso contrario temos que dedicarnos todos á lectura, á contemplar os nosos monumentos e a rezar, os que sexan crentes.

6 Xanti

se a xente non participa, non ten dereito a rosmar despois.

1 saña

Ten todo o dereito a rosmar e criticar, pero fora do BNG, si perdemos maña, seguiremos , adiante a APU

5 Serxio

roela como a roedes en ferrol, coruña, santiago, lugo. sodes os mellores o malo é que a xente pasa vosa.

4 xOsse

Está claro,... a está militancia curte non lle interesa debater ideas, soamente elixir una cara ou outra para representar ao seu partido. Que pena dan...